Criterios que guían os sorteos para a Copa do Tute Ourense 2015
As partidas xóganse ao mellor de ida e volta, seguindo o mesmo sistema de puntuación da Liga. En caso de empate, xogaríase unha partida de desempate na data máis próxima posible.
En primeira rolda os catro primeiros clasificados de cada grupo pasan directamente. Os restantes enfróntense co equipo clasificado na mesma posición no outro grupo.
Na segunda rolda, farase sorteo para estabelecer as partidas, segundo as regras:
- Os dous primeiros enfrontaranse cos gañadores dos enfrontamentos entre os últimos e penúltimos.
- Os dous segundos enfrontaranse cos gañadores dos enfrontamentos entre novenos e décimos.
- Os dous terceiros enfrontaranse cos gañadores dos enfrontamentos entre sétimos e oitavos.
- Os dous cuartos enfrontaranse cos gañadores dos enfrontamentos entre quintos e sextos.
Na terceira rolda, cuartos de final, estabelecerase un cadro de enfrontamentos que chegará ata a final.
1. Primeira rolda: 9 de marzal, ida
Xogan dende o quinto ata o último clasificado de cada grupo contra o equipo coa mesma clasificación no outro grupo. Os catro primeiros de cada grupo están exentos desta rolda.
5º clasificado grupo A | – | 5º clasificado grupo B |
6º clasificado grupo A | – | 6º clasificado grupo B |
7º clasificado grupo A | – | 7º clasificado grupo B |
8º clasificado grupo A | – | 8º clasificado grupo B |
9º clasificado grupo A | – | 9º clasificado grupo B |
10º clasificado grupo A | – | 10º clasificado grupo B |
11º clasificado grupo A | – | 11º clasificado grupo B |
12º clasificado grupo A | – | 12º clasificado grupo B |
2. Segunda rolda
Incorpóranse os catro primeiros de cada grupo, de maneira que os primeiros xogan contra os últimos a sorteo. Publicaranse cando se saiban os resultados da primeira rolda.
1º clasificado grupo A: contra o gañador do enfrontamento entre 12º clasificados ou gañador do enfrontamento entre 11º clasificados.
1º clasificado grupo B: contra o equipo que non se enfronta o 1º clasificado do grupo A.
1º ☐ | – | gañador de ☐º |
1º ☐ | – | gañador de ☐º |
2º clasificado grupo A: contra o gañador do enfrontamento entre 10º clasificados ou gañador do enfrontamento entre 9º clasificados.
2º clasificado grupo B: contra o equipo que non se enfronta o 2º clasificado do grupo A.
2º ☐ | – | gañador de ☐º |
2º ☐ | – | gañador de ☐º |
3º clasificado grupo A: contra o gañador do enfrontamento entre 8º clasificados ou gañador do enfrontamento entre 7º clasificados.
3º clasificado grupo B: contra o equipo que non se enfronta o 3º clasificado do grupo A.
3º ☐ | – | gañador de ☐º |
3º ☐ | – | gañador de ☐º |
4º clasificado grupo A: contra o gañador do enfrontamento entre 6º clasificados ou gañador do enfrontamento entre 5º clasificados.
4º clasificado grupo B: contra o equipo que non se enfronta o 4º clasificado do grupo A.
4º ☐ | – | gañador de ☐º |
4º ☐ | – | gañador de ☐º |
3. Cuartos de final
Crearase un cadro por sorteo, no que se estabelecerán os emparellamentos de cuartos, semifinal e final. Publicarase cando teñamos gañadores dos enfrontamentos de oitavos.